Préstamos para apoiar os investimentos de emprendedores e pemes mediante a liña Igape-ICO
5/5/2009
Habilitar unha liña de financiamento axeitada para apoiar a microempresas e pequenas e medianas empresas que promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia, ou no estranxeiro, mediante algunha das líñas do Instituto de Crédito Oficial de apoio a empresa (ICO 2009), é o obxectivo que busca o Igape mediante as bases reguladoras que veñen de ser publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado 17 de abril.
Este programa de apoio aos investimentos ten como beneficiarios a emprendedores, microempresas ou pemes que formalicen operacións de crédito con cargo a algunha das catro liñas ICO 2009 de apoio a empresa: Peme, Crecemento, Emprendedores ou Internacionalización.
Más información