Obxectivos da Asociación
O nacemento de calquera asociación responde á necesidade dun determinado colectivo de defender os seus dereitos e xuros.
No noso caso, o Área Comercial As Conchiñas, é a defensa do comercio da nosa zona: todos os comerciantes coñecemos os problemas polos que atravesamos no exercicio da nosa actividade posto que vivimos día a día.
Coa implantación das grandes superficies e a competencia desleal dos establecementos que non respetan os horarios de apertura legais, os pequenos comercios se resinten e teñen a necesidade de unirse, de fortalecerse.
Entre os obxectivos do Área Comercial As Conchiñas está o fomentar a solidariedade entre os seus asociados, conseguir melloras económicas e sociais: convenios con entidades, xestionar axudas ao comercio, exercer un labor formativa e informativa,...
Por todo iso debemos ter en conta que a Asociación vai depender do traballo conxunto de todos os seus asociados. Habemos de aunar esforzos e conseguir un colectivo máis numeroso, máis representativo e en definitiva máis forte.