Infórmate e participa no Plan de Movilidade Urbana Sostible
15/11/2013
O Concello da Coruña está realizando o Plan de Movilidade Urbana Sostible (PMUS) da nosa cidade, contando coa participación de todas as persoas.
Podedes informarvos e participar no Plan accedendo a sua web www.coruna.es/pmus. Así mesmo, dispoñen dunha páxina en Facebook www.facebook.com/pmusacoruna que podedes seguir para estar ao tanto das novidades e traballos que se van realizando.
Actualmente estase levando a cabo a campaña PMUS BARRIO A BARRIO, na cal se habilitará cada día, nun punto distinto da cidade, unha carpa informativa para facilitar a participación.
