Convenio Marco co Concello da Coruña
24/11/2008
Poñemos no seu coñecemento que a nosa Asociación firmou un Convenio Marco co Concello da Coruña en virtude do cal establécense unhas líñas de colaboración entre o Concello e o pequeno comercio tradicional coruñés.
Neste sentido, baixo o amparo do Convenio Marco , levarase a cabo para o vindeiro nadal unha campaña de promoción e difusión do comercio tradicional coruñés durante os meses de novembro e decembro do ano en curso e que concretarase en:
- Deseño dun logo publicitario común
- Deseño e producción de 5.000 carteis promocionais.
- Contratación de monoposte publicitario para colocación de anuncio de campaña
- Contratación de valos publicitarios para colocación de anuncio de campaña
- Deseño e producción de anuncios para prensa e radio
- Deseño e producción de vinilos de diferentes tamaños co logo da campaña
- Deseño e producción de sorteos promocionais con adquisición de artigos de agasallo (paraugas, camisetas, parasois, gorras, globos xigantes, etc. ), así como dúas viaxes para dúas persoas a destino por decidir, unha Wii e oito Ipods.
- Deseño e producción de 8.000 dípticos ou trípticos informativos sobre a campaña
Adxuntos
- informacion_camp.pdf (2.4 MB)