Campaña día de los enamorados
30/1/2012
Desde a área de comercio do Concello da Coruña e en apoio ao comercio coruñés, empezan as accións de dinamización correspondentes ao orzamento 2012. A primeira que se levará a cabo é a Campaña de San Valentín que consistirá en:
- Campañas de radio e difusión, 150 cuñas en todas as radios de maior difusión, Onda Cero, Radio Voz, ES Radio, SER e COPE.
- Sorteo a través da radio de 18 ceas de San Valentín, por suposto para dous comensais en restaurantes da cidade.
- Entrevistas con comerciantes en emisoras de radio.
- Animación e reparto de material promocional (globos, piruetas, lápices, sacapuntas,….) durante os dias 11, 13 e 14 en horario de tarde en todos os barrios da cidade.
- Concurso de bicos.