Axudas para renovación de ventás (empresas e particulares)
16/11/2009
Adxunto remitímoslles un resumo da axuda procedente do INEGA (dependente da Consellería de Economía e Industria) para a renovación das ventás tanto dos negocios e empresas como a título particular.
O 24 de novembro, publicarase unha listaxe coas empresas instaladoras adheridas ao convenio.
O prazo de solicitude comeza o 1 de decembro de 2009 e terminará o 30 de outubro de 2010.
A contía é dun máximo de 100,00€/m2 de ventá co límite de 5000,00€ por vivenda unifamiliar (ou negocio). A subvención, non poderá exceder do 25% do custo total da obra.
Esperamos sexa do seu interese. Reciban un saúdo cordial.
Adxuntos
- Plan renove de ventás INEGA (156.86 KB)