Novas Tecnoloxías para o Comercio
11/1/2011
A Concellaría de Promoción Económica e Emprego vai organizar nos próximos días o curso de Novas Tecnoloxías para o Comercio, de vinte horas de duración, nas instalacións dunha academia do barrio, aínda por decidir, curso destinado para propietarios de establecementos comerciais, xerentes e/ou empregados con responsabilidade.
Este curso é parte do programa de formación do Plan Urbán, Proxecto Integral de Rexeneración Urbana de Agra de Orzán, A Coruña, integrado no programa FEDER da Unión Europea.
O curso versará sobre deseño páxinas web, comercio electrónico, portais web agrupados, venda online, pasarelas de pago, sistemas de pago e venda, e loxística e distribución da venda online.
Para máis información e inscrición:
- Chamar aos teléfonos 981 92 48 31/ 981 92 62 48 en horario de mañá de 9.00 a 14.30.
- Envíar datos ao correo emprende@coruna.es
- Ir á Oficina Municipal Urbana-C, c/ Corcubión, 8