Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

XORNADA DE PREVENCION DE RISCOS LABORAIS

15/10/2016

Estimados compañeiros. Desde Ata Galicia e para a nosa asociación das Conchiñas, organizamos unha xornada informativa sobre os dereitos e as obrigacións que temos os autónomos na lei de prevención de riscos laborais, en temas como:

- Lexislación vixente na que se recolle os dereitos e obrigacións para os autónomos.
- Documentación esixible ao traballador autónomo. Legal e por esixencia do cliente.
- ¿Que debe entregar cando lle solicitan o certificado da formación preventiva?
- ¿Que documentación de PRL ha de entregar á empresa que lle contrata?
- Responsabilidade en relación á PRL.
- Que consecuencias e sancións pódense derivar do seu incumprimento.

A xornada celebrásese o Xoves 20 de Outubro na sede de ATA Galicia, Rolda de Outeiro 253- 1º C e duraría aproximadamente unha hora e seria a partir das oito e media da tarde, despois do peche do comercio.

A idea das Xornadas é transmitirvos a información suficiente para evitar as sancións polo incumprindo da lei, o asociado/a que acuda á xornada pode vir acompañado/a.

Se nos dese tempo, poderiamos fixar data para unha asemblea da nosa asociación (Área Comercial as Conchiñas) co fin de coñecer a fondo o funcionamento da Asociación, os problemas do noso Comercio e O noso Barrio, así como o problema mais antigo que temos e debemos resolver, a elección dunha nova "Xunta directiva"

Un saúdo

Rafael Granados

Os nosos teléfonos para confinar a asistencia son: 981-243-763 e 981-243-450 E a través dos nosos correos electrónico.

galicia@ata.es e areacomercialasconchinas@hotmail.com