Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

Industria subvenciona computadores con Linux para autónomos

9/10/2008

Dende este xoves, e ata o 11 de novembro de 2008, os traballadores autónomos de Galiza poden pedir axudas para a adquisición de computadores, que concederá a Consellaría de Innovación e Industria.

A subvención vai destinada á compra dun ordenador, portátil ou de sobremesa, que debe levar instalado o sistema operativo Linux e os aplicativos de software libre OpenOffice e Mozilla Firefox.

A subvención, convocada pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, está limitada a autónomos que non se dediquen ao comercio retallista, para os que xa existe unha liña de axudas específica.

A axuda non cobre a compra de licenzas de software nin de periféricos. Cubrirá até o 45% do prezo, cun máximo de 350 euros por solicitante.

Para acceder á liña de axudas haberá que acudir aos proveedores de equipamento informático que solicitaron ser entidades colaboradoras da campaña. A listaxe publicouse no DOG do mércores 8 de outubro. O prazo de solicitude das axudas estará vixente durante o ano 2009, até esgotar o crédito total consignado polo Goberno, de 659.400 € no ano 2008 e 999.950 € no 2009.