Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

Guía Comercio Seguro

31/7/2013

A Dirección Xeral da Policía puxo en marcha o Plan Comercio Seguro, un Plan destinado a mellorar a seguridade do sector comercial español desde a corresponsabilidade de todas as institucións públicas e privadas implicadas. O Plan Comercio Seguro perfecciona os plans e accións emprendidas e impulsa novas medidas para proporcionar unha contorna máis segura aos comerciantes.

A Guía Comercio Seguro, elaborada conxuntamente pola Dirección Xeral da Policía, a Dirección Xeral de Comercio Interior e coa colaboración da Confederación Española de Comercio, axudará ao comerciante a aumentar a seguridade do seu establecemento e a incrementar a calidade do servizo que prestan aos seus clientes. Confianza e seguridade son factores decisivos para un comercio máis competitivo e máis dinámico. Traballando xuntos podemos conseguilo.

Adxuntos