Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

Google Fotos de Negocios para os socios

15/11/2013

Google Fotos de Negocio é unha ferramenta que cada vez se está a facer máis popular para a promoción de comercios e empresas.

Permite ao internauta pasear virtualmente polo local comercial e é unha forma de dar vida á o negocio e de darse a coñecer antes da visita física do cliente.

Calquera negocio que queira ter un percorrido virtual ten que contratar un fotógrafo acreditado por Google para facer este tipo de traballos.

Eduardo Castro Bal, fotógrafo acreditado de Google Fotos de Negocio en Galicia, fixo unha oferta con descontos exclusivos para os asociados do Área. Si queres máis información podes poñerche en contacto coa Asociación ou no email ecastrobal@gmail.com.

Podes ver traballos recentes e conseguir mais información na súa páxina web 360 Eduardo Castro Bal