Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

Convenio Marco co Concello da Coruña

24/11/2008
Poñemos no seu coñecemento que a nosa Asociación firmou un Convenio Marco co Concello da Coruña en virtude do cal establécense unhas líñas de colaboración entre o Concello e o pequeno comercio tradicional coruñés. Neste sentido, baixo o amparo do Convenio Marco , levarase a cabo para o vindeiro nadal unha campaña de promoción e difusión do comercio tradicional coruñés durante os meses de novembro e decembro do ano en curso e que concretarase en:
  • Deseño dun logo publicitario común
  • Deseño e producción de 5.000 carteis promocionais.
  • Contratación de monoposte publicitario para colocación de anuncio de campaña
  • Contratación de valos publicitarios para colocación de anuncio de campaña
  • Deseño e producción de anuncios para prensa e radio
  • Deseño e producción de vinilos de diferentes tamaños co logo da campaña
  • Deseño e producción de sorteos promocionais con adquisición de artigos de agasallo (paraugas, camisetas, parasois, gorras, globos xigantes, etc. ), así como dúas viaxes para dúas persoas a destino por decidir, unha Wii e oito Ipods.
  • Deseño e producción de 8.000 dípticos ou trípticos informativos sobre a campaña
Este ano a Asociación vaise facer cargo do coste da campaña polo que os asociados non teran que facer o ingreso na conta. Imaxe e accións a desenvolver no arquivo adxunto.

Adxuntos