Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

COMERCIOPOLY

28/11/2016

O próximo día 14 de Decembro seguindo un dos obxectivos da nosa Asociación, que é dinamizar o noso barrio, e para iso, teremos na nosa praza de Conchiñas un xogo clásico co nome de COMERCIOPOLY, a través do cal se entregarán miles de premios aos nosos clientes. Son moitos os establecementos, empresas, entidades que quixeron colaborar con este gran proxecto de axuda ao comercio local, entre eles o Real Club Deportivo da Coruña.

En colaboración coa nosa Federación de Unión de Comercio Coruñés (FUCC), realizamos unha campaña baseada no clásico xogo do Monopoly do 24 de novembro ao 18 de decembro. O COMERCIOPOLY, percorrerá 13 barrios da nosa cidade, podendo xogar os nosos clientes en calquera deles. O que pretendemos é dinamizar o sector comercial da Coruña, polo que a partir do luns 28 de Novembro os establecementos asociados que queiran participar, poden recoller a carteleria e uns billetes que daredes aos vosos clientes cando realicen unha compra en, Xoiería Guillen e Perfumería Don Juan, Son billetes de 1, 3 e 5, correspondendo á posibilidade de realizar 1 tirada, 3 ó 5, é de supoñer que cuantos máis billetes, máis posibilidades de conseguir premios. Desde a nosa Asociación non imos entrar en como ou a quen se dá os billetes (se por compra mínima, se aos clientes habituais), o que si vos pedimos é unha reflexión de porqué se realiza esta campaña, que é a de fomentar o consumo.

Independentemente que as bases estarán na Caseta do COMERCIOPOLY, pasámosvos en arquivo as mesmas, relación de premios, taboleiro, billetes? para que cada un dos establecementos póidaas ter. Aproveitamos a ocasión para mandarvos un cordial saúdo

Adxuntos