Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

Carta aos asociados

4/10/2011

Estimados asociados:

Informamosvos do nacemento dunha nova asociación de comercio creada por un determinado número de asociacións do noso comercio local, coa intención de buscar novas fórmulas de apoio ao comercio na Coruña.

Esta nova asociación, “Unión Comercio Coruña”, da cal a área Comercial As Conchiñas somos socios fundadores, ten como obxectivos a defensa de todos os intereses que afecten o noso sector comercial na nosa cidade.

Tamén queremos informarvos en relación á subvención de apoio ao comercio para temas de publicidade solicitada en anos anteriores, que de momento non saíu a Orde que a regula e cremos que posiblemente non saia, co que este ano debido aos recortes, “quedaremos sen bolsas e sen publicidade”.

Como en anos anteriores, na Asociación xa dispoñemos de lotaría para nadal, co nº 83.697. Os asociados que queiran algún talonario podedes poñervos en contacto con “Perfumaría Don Juan” ou “Xoiaría Guillen”, ou tamén chamando ao teléfono da Asociación 981-244-058.

Lembrarvos que o próximo 7 de outubro ás 14´00 horas en Palexco inaugúrase o Reedit Moda Music Coruña 2011 evento do que vos informamos a través da páxina web da Asociación.

Sen máis noticias de momento, desexarvos unha feliz Ponte do Rosario.

Un saúdo

A directiva