Programa formativo ASOCIACTÍVATE
Desde o Departamento Municipal de Participación Cidadá envíannos información acerca do Programa de formación gratuito, próximo a impartirse, desenvolvido co obxectivo de capacitar ás persoas que traballan e colaboran coas asociacións da cidade.
O fomento da participación cidadá colectiva é un compromiso asumido polo Concello da Coruña e, por iso, ofrece este programa que, baixo a denominación xenérica de “ASOCIACTÍVATE”, actuará como apoio ás entidades, contribuíndo á promoción e desenvolvemento da cultura asociativa e participativa.
Nos arquivos adjuntos hai información sobre os tres talleres prácticos que se celebrarán nas aulas do Centro Municipal de Emprego dos Rosais, en horario de tarde, a partir do próximo día 8 de maio:
- Creación e funcionamento básico de asociacións (6 horas repartidas en dúas sesións, os días 8 e 9 de maio)
- Xestión económica e administrativa dunha asociación (8 horas repartidas en tres sesións, os días 22, 23 e 24 de maio)
- Xestión da comunicación asociativa (6 horas repartidas en dúas sesións, os días 29 e 30 de maio)
En cada taller poderán participar un máximo de 20 persoas.
Nos arquivos adjuntos está tamén a ficha de solicitude para remitila o máis axiña posible, dado que as inscripciones realizaranse por rigorosa orde de recepción da ficha. Abrirase lista de espera porque, no caso de que exista moita demanda, contémplase a posibilidade de organizar unha segunda quenda.
Invitámosvos a participar neste programa, e enviámosvos o noso máis cordial saúdo.
Participación Cidadá María Pita, 2ª planta Teléfono 981 184 200 - Ext. 10165 participacion@coruna.éAdxuntos
- Cartel formación asociaciones (656.47 KB)
- Formulario de inscripción (652.39 KB)