Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

REEDIT, Moda Music Coruña en Palexco

20/9/2011

REEDIT, Moda Music Coruña xorde como un evento multidisciplinar que permitirá unir nun mesmo espazo moda e complementos da máis variada estética con diferentes expresións culturais como a danza, a música ou a fotografía.

REEDIT, Moda Music Coruña aglutinará nun mesmo espazo as accións estritamente relacionadas coa promoción e venda por parte dos comercios da cidade con outras actividades complementarias: Exposición internacional de encaixe, showrooms, desfiles de deseñadores emerxentes ou diferentes representacións artísticas relacionadas coa moda.

Esta ambiciosa proposta pretende facilitar a todos os cidadáns de Coruña e a súa área metropolitana un fin de semana de compras, propostas culturais e mostra de novas tendencias nun cómodo e céntrico recinto como é o Palacio de Exposicións e Congresos (PALEXCO)

Máis información no arquivo adxunto e nas seguintes ligazóns:

Adxuntos