Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

Aparcadoiro subterráneo na zona da Plaza das Conchiñas

17/1/2012

Estanse levando a cabo por parte da Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e actividades S.A. (EMVSA) os traballos ao obxecto de construír próximamente un aparcadoiro subterráneo de titularidad pública na zona da Praza das Conchiñas.

Este aparcadoiro trataría de dar oferta á demanda de prazas destinadas tanto a residentes da zona, en réxime de concesión de uso por un prazo aproximado de cincuenta anos, como para dar servizo ao comercio e empresas con prazas de aparcamento en rotación.

Esta previsto que a construción do aparcadoiro subterráneo de tres sótanos na praza das Conchiñas, en principio a primeira planta ira destinada exclusivamente a aparcamento en rotación e a terceira planta ira destinada exclusivamente a aparcamento en concesión, xa que logo o uso da segunda planta quedará condicionado pola demanda de prazas en concesión. O periodo de concesión do aparcamiento é de 50 anos, a contar desde a concesión de licenza de funcionamento. O prezo estimado das prazas en concesión é de 18.000 € + IVA, o cobro da mesma realizarase en catro ou cinco pagos dependendo da duración das obras, que se estiman en 12 meses desde a obtención da licenza de Obras.

Os interesados en adquirir unha praza de garaje en réxime de concesión no aparcadoiro que esta sendo obxecto de estudo na Praza das Conchiñas pode poñerse en contacto co persoal de EMVSA antes do próximo 1 de Marzo de 2012.

DATOS DE CONTACTO

  • Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades (EMVSA)
  • C/ Manuel Murguía s/nº “Edificio Casa de Agua” 1ª planta 15011, A Coruña
  • Teléfono: 981. 910. 460
  • Horario: Luns a venres de 9.00 a 14.00 horas