Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

Novas Tecnoloxías para o Comercio

11/1/2011

A Concellaría de Promoción Económica e Emprego vai organizar nos próximos días o curso de Novas Tecnoloxías para o Comercio, de vinte horas de duración, nas instalacións dunha academia do barrio, aínda por decidir, curso destinado para propietarios de establecementos comerciais, xerentes e/ou empregados con responsabilidade.

Este curso é parte do programa de formación do Plan Urbán, Proxecto Integral de Rexeneración Urbana de Agra de Orzán, A Coruña, integrado no programa FEDER da Unión Europea.

O curso versará sobre deseño páxinas web, comercio electrónico, portais web agrupados, venda online, pasarelas de pago, sistemas de pago e venda, e loxística e distribución da venda online.

Para máis información e inscrición:

  • Chamar aos teléfonos 981 92 48 31/ 981 92 62 48 en horario de mañá de 9.00 a 14.30.
  • Envíar datos ao correo emprende@coruna.es
  • Ir á Oficina Municipal Urbana-C, c/ Corcubión, 8