Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

Coruña Wapa

10/10/2012

Entre os próximos días 11 e 14 de outubro desenvolverase en varias zonas comerciais da cidade o evento Coruña Wapa coa pretensión de reafirmar A Coruña e o seu comercio como referentes de compras de Galicia. Este evento virará en torno a varias temáticas: imaxe, enogastronomía, novas tecnoloxías, moda e tendencias encamiñadas a fomentar o consumo no pequeno comercio da cidade.

Ao longo de catro días, e coincidindo coa ponte do Pilar, a cidade acollerá diversas actividades relacionadas co mundo da moda. Por outra banda, enmarcado dentro de Coruña Wapa, Palexco acollerá durante estes catro días Stock Coruña, onde os establecementos participantes venderán artigos doutras tempadas a prezos máis económicos. En total participan 44 establecementos que permanecerán abertos de 10 a 21 horas.

Coruña Wapa desenvolverase en diferentes escenarios ademais de Palexco -onde terá lugar Stock Coruña- como a rúa Barcelona, Gaiteira, Rego de Auga, Praza de Pontevedra ou Praza de Vigo.

Máis información no comunicado de prensa e o tríptico