Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

Plan AGORA de comercio

9/7/2010

Convócanse as axudas para a mellora da competitividade do comercio galego, a través de actuacións encamiñadas á adecuación física das instalacións e locais comerciais, a mellora da súa imaxe comercial, e medidas para potenciar a creación, implantación e expansión das cadeas sucursalistas, e do comercio retallista do téxtil, calzado e xoiarías, nos conxuntos históricos das vilas e cidades.

As actividades subvencionables son:

- Reforma e / ou ampliación do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 300 m², mellora de illamentos e equipamentos e instalacións de aforro de enerxía e auga. Esta limitación de superficie non será aplicable a aqueles establecementos comerciais que soliciten a axuda para as actividades comprendidas dentro do código CNAE-2009 4759 Comercio por detalle de mobles, aparellos de iluminación e outros artigos de uso doméstico en establecementos especializados.

- Medidas orientadas á mellora da imaxe dos establecementos comerciais, que afecten aos puntos de venda, que a continuación descríbense:

a) A contratación de servizos exteriores de escaparatismo.

b) Instalación de letreiros luminosos e rótulos exteriores.

c) Adquisición de mobiliario, elementos de decoración e calquera outro tipo de equipamento comercial, con exclusión do equipamento informático.

- Creación, implantación e expansión de cadeas sucursalistas de comercio retallista, así como de establecementos comerciais do téxtil, calzado e xoiarías, en locais desocupados de conxuntos históricos de poboacións que estivesen declarados e inscritos no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, nos termos que establece a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Os beneficiarios serán os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas,
comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas (ver detalles no arquivo adxunto)

Adxuntos