Área Comercial As Conchiñas

Área Comercial As Conchiñas

Cursos gratuitos e lotería de nadal

8/10/2009

Poñémonos en contacto con vós para informarvos dos novos cursos gratuítos para comerciantes os que poderán acceder tanto o titular do negocio como os empregados e fillos do titular, en caso de ser tamén autónomos.

Os cursos que se impartirán serán os seguintes: escaparatismo, paquetaría, implantación e certificación do distintivo de calidade e xornada técnica de calidade. Os dous primeiros serán a distancia mentres que os dous últimos serán semipresenciais.

Se estades interesados nun ou varios cursos podedes poñervos en contacto coa Asociación no número de teléfono 981.244.058 para recibir máis información e reservar prazas, xa que hai un número limitado de participantes para cada curso.

Por outra banda, lembrarvos que se estades interesados xa podedes reservar o número 46.399 da Lotaría de Nadal e informarvos de que nos próximos meses se levarán a cabo por parte da Asociación campañas publicitarias en distintos medios de comunicación como prensa e radio para promocionar o comercio na nosa zona.

Sen outro particular recibe un saúdo cordial,

Fdo. Rafael Granados Guillén
Presidente